imprimir volver

Enrique Lagares Rivas.

Inicia os seus estudos músicais aos seis anos no Conservatorio de Música de Culleredo. Con 17 anos aproba o acceso ao Conservatorio Superior da Coruña. Realiza cursos de perfeccionamiento e masterclass con diferentes saxofonistas destacando a Pablo Coello, Felipe Antonio Belíjar, Mariano García o Marcos Mariño.

No ámbito da dirección de bandas fórmase cos profesores David Fiuza r Frank de Vuyst. Realizou cursos de dirección cos mestres: James Barnes, Jan Cober, J.R. Vilaplana, Alex Schillings, Andrea Loss, Rafael Agulló, Bart Picqueur, Douglas Bostock, Evan Feldman, Isabel Mª Rubio e Luis Carvalho.

dirixiu a S.M. de Moncada, a Banda de Música de Ortigueira, a Banda de música do Liceo La Paz da Coruña e a Unión Musicale de Les Landes. En 2014 constitúe a Escola de Música de Oza-Cesuras na Coruña. Desde ese mismo ano, pertence ao cadro de profesores del CAMP Liceo la Paz da Coruña. En 2015, con solo 21 anos, funda a Banda de Música de Oza-Cesuras, sendo o seu director artístico e musical. É Director musical da Banda Sinfónica de Galiza realizando xiras por toda la xeografía galega.

Actualmente, cursa o Grado Superior de saxofón co mestre Adrián Pais. É alumno da Escola Galega de Dirección onde estudia a titulación en dirección de banda poa UNED Ourense, baixo a dirección de Javier Viceiro e Antonio Cantal Mariño. Dende setembro de 2018, ocupa o posto de Director Musical da Banda de Música de Ortigueira (A Coruña).

En decembro de 2018 comeza os seus estudos superiores de Dirección no ISEB (Instituto Superior Europeo bandistico), en Italia, cos profesores Alex Schillings e Giuliano Moser e dende marzo de 2020 é o novo director da Banda de Música de Ordes (A Coruña).