imprimir volver

Manuel Otero Paino.

Comeza a estudar trompeta na Escola de Música da Bandeira, da man de Luís González. Realiza os seus estudos superiores de trompeta no Conservatorio Superior de Música de Vigo e perfecciona os estudos con Xosé Ramos, Benjamín Moreno, Javier Simó, Hakan Hardenberger, Bö Nilsson...

Tamén realiza os estudos de interpretación orquestal becado na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, da man do solista da Real Filharmonía Javier Simó e Ramón Llatser. Colaborador con Banda Municipal de Santiago, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Filharmónica de Galicia Orquesta de Amigos da Ópera de Vigo, Orquesta Clásica de Granada...

No eido do jazz estuda con Suso Atanes, Paco Charlín, Abe Rábade, Pablo Castaño e Chris Kase... tocando e colaborando con agrupacións como ROFCOM, Triomáticos, Paco Charlín, Pablo Seoane, Pablo Castaño Septet, Marcos Pin, Gallaecia Big Band, Blue Devils Big Band...

Colabora e forma parte dun gran número de formacións musicais comprometidas coa lingua e a cultura galegas como Galegoz, Sacha na Horta, Os Tres Trebóns, Uxía Senlle, Xoan Curiel, Najla Shami... Acutalmente tamén forma parte de Caxade e A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo.

Actualmente realiza estudos superiores de composición no Conservatorio Superior da Coruña e de dirección con Marcel Van Bre. Como docente da aulas de trompeta-jazz en Estudio Escola e diversas escolas de bandas de música.